As nosas casas

Instalacións. Zonas comúns
As Casas do AMilladoiro son vivendas de 2 e 3 dormitorios, deseñadas racionalmente para reducir ao máximo os distribuidores e corredores e orientar as zonas vivideiras - salón, cociña e dormitorios- ao mellor soleamento.
O equipo de arquitectos pensou en todo. Tamén nas condicións de protección térmica e acústica, para asegurar o disfrute dun espazo íntimo, cálido e familiar.
As persianas son metálicas e motorizadas, para que as podas subir e baixar cómodamente desde cualquera punto da habitación.
Sabemos o importante que é para ti o tempo que pasas na cociña, ese espazo tan grato para os momentos familiares. Pois imaxínate ese entorno cunha gran calidade de materiais e todos os electrodomésticos instalados.
A nós, coma a ti, preocúpanos a seguridade, por riba de todo. Por iso, as vivendas están dotadas de portas blindadas e detectores de monóxido de carbono, que alertan nunha situación de risco, para que nada pertube o teu sono.
E como en Casangular pensamos que a vida merece ser compartida, poñemos moita atención ás celebracións sociais. Por iso pensamos, por qué non crear zonas comúns para celebrar os cumpreanos dos nenos, quedadas para ver algún evento deportivo ou festas de aniversario?.
En cada un dos portais dos edificios hai unha zona común, equipada con cociña, sofás, mesa, televisión e baño, para compartir ese tempo de ocio, tertulia e aficións.


Calidades
A fachada de pedra da realce e elegancia ao edificio, á vez que ofrece unha gran protección contra a choiva e o vento.
Harmoniza cunha carpintería de aluminio de gran calidade, que ten rotura de ponte térmica e que suxeita uns vidros térmicos para atenuar as perdas de calor na vivenda.
Canalizacións antivibración para evitar transmisión de ruidos, aillamento térmico nas fachadas e sonoro entre pisos e zonas comúns. Os tabiques e o pavimento asentan en láminas antimpacto que minimizan o efecto sonoro entre vivendas
O pavimento de zonas dormitorios e salóns está terminado nunha tarima flotante sintética de última xeración de carballo, que estará sempre como o primeiro día. Os armarios empotrados están vestidos cunha barra, caixonera, forro interior e baldas.
Para a cociña e os baños, reservamos unha plaqueta de gres que fará que os espazos luzan elegantes e limpos, iluminados cunhas LED empotradas.
As conduccións de auga quente e fría sanitarias son en polietileno reticulado e as calderas mixtas individuais a gas cunha potencia axeitada á nova normativa, para asegurar un subministro de auga nas condiciónes que necesite toda a túa familia.
Os radiadores de paneis de acero, un depósito acumulador central e as placas solares permiten optimizar o consumo de auga quente.
As luces dos portais son automáticas para que se acendan cando entres no portal e se apaguen cando non as necesites. Así, toda a comunidade aforra consumo eléctrico.
E ti tes a seguridade de vivir nunha casa enerxéticamente eficiente.
