O entorno

Localización

As Casas do AMilladoiro miran dende as súas fiestras aos ollos de Compostela.

A un quilómetro escaso da capital de Galicia, ofrecen as vantaxes e comodidades de formar parte da área metropolitana de Santiago.

Transporte metropolitano de calidade, modernas infraestruturas viais, recursos educativos, sanitarios e deportivos e unha variada oferta de pequeno comercio e grandes superficies de distribución.

Unha ampla dotación de servizos que sitúa a Milladoiro como unha das zonas máis atractivas para vivir no entorno de Compostela

Información de interese

No Milladoiro residen cada día un maior número de familias, que elixen vivir aquí, atraídas por unhas modernas infraestruturas e servizos:

  • Preto de 200 prazas públicas en educación infantil no municipio
  • Centros de ensino públicos e privados
  • Centros de saúde
  • Escola municipal de música
  • Programa municipal de conciliación da vida profesional e familiar
  • Instalacións deportivas e piscinas municipais
  • Unha rede de transporte público con frecuencias para unha óptima mobilidade
  • Máis de 168.000 metros cuadrados de zonas verdes e axardinadas. No termo municipal