Se estás pensando en iniciar un novo negocio ou necesitas un local para desenvolver a túa actividade profesional, é probable que teñas dúbidas entre comprar ou alugar o local. Sexa cal sexa a túa preferencia, facilitámosche a túa decisión, para que poidas optar entre seis locais de distinta superficie, en venda directa ou en aluguer con opción a compra.

Casas do Amilladoiro dispón de seis baixos comerciais, cunha superficie útil que vai dos 60 aos 80m2, diáfana e versátil, para adaptarse a un amplo abano de usos.
Polas súas características, luminosidade e localización a pé de rúa, na mellor zona do Milladoiro e a un paso de Compostela, son locais ideais para o exercicio dunha actividade profesional, con múltiples posibilidades funcionais e decorativas.

Amais, tanto para a compra destinada ao seu uso directo, como para poñelos en aluguer, os locais comerciais son o investimento inmobiliario máis atractivo, segundo un recente estudo do portal Idealista, que situa a rendibilidade bruta do aluguer de locais no 8,3% durante o primeiro trimestre deste ano.
Neste contexto tan positivo, os baixos comerciais de Casas do Amilladoiro resultan tamén un produto inmobiliario interesante para inversores, tendo en conta a súa rendibilidade en alza.

Milladoiro vai ser no ano 2020 máis accesible e máis verde. E tamén, máis eficiente, máis inclusivo e cun maior desenvolvemento económico. Eses son algúns dos obxectivos do plan Impulsa Ames, que vén de recibir unha dotación de cinco millóns de euros dos fondos comunitarios da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado, para proporcionar unha maior calidade de vida na localidade. Este plan contempla actuacións en materia de accesibilidade coa eliminación de barreiras urbanas en prazas, xardíns e beirarrúas. Unha das accións máis visibles será a creación dun espazo verde no centro do Milladoiro para vertebrar o núcleo urbano e dotar ao concello de máis zonas verdes e sendas peonís para acadar unha mellor conectividade no municipio, dando resposta a unha histórica demanda do núcleo de Milladoiro. Asemade, está previsto crear sendeiros seguros para os centros escolares de CEIP Ventín, Agro do Muíño, CEIP A Maía e IES de Ames e a posta en marcha dun transporte público que permita a conectividade no propio concello favorecendo a mobilidade e a redución de emisións de CO2. O plan Impulsa Ames tamén inclúe a mellora da eficiencia enerxética, cunha actuación integral sobre o alumeado público tanto en renovación do mesmo como na instalación de sensores lumínicos. E actuacións de dinamización da vida social e cultural, como a construción dun Centro multidisciplinar dirixido principalmente á mocidade amesá e para o emprendemento de novas iniciativas empresariais e de profesionais autónomos.

A feira SimaExpo2017, celebrada en Madrid do 25 ao 28 de maio, certificou o bo momento do mercado, marcado por unha oferta renovada e mellorada e a volta do segmento de comprador de idade máis nova. Os profesionais que asistiron ao salón, convertido na cita inmobiliaria anual máis importante do país, coinciden en poñer de relevo o momento doce que vive o mercado residencial despois de sete anos de crise.

No salón predominaron as promocións de vivendas a estrear, que representan preto do 90% do produto ofertado, segundo a empresa organizadora da feira. Esta actualización do parque de vivendas é unha vantaxe para as persoas interesadas en comprar, xa que as casas que hoxe saen ao mercado son construidas con criterios de deseño, calidade, prestacións extra e eficiencia enerxética. Ao que se engade unha maior cultura empresarial de atención ao cliente e servizos posvenda.

Un dos retos do sector é volver conectar coa demanda máis nova que compra casa para formar o seu primeiro fogar, algo no que tamén o Sima deu sinais optimistas, xa que o 40% dos que se inscribiron na web para visitar o salón se corresponde co grupo de idade formado por persoas de ata 35 anos.

Por outra banda, coincidindo coa celebración de SimaExpo, presentouse o Informe Radiografía do mercado da vivenda 2016-2017 realizado por Fotocasa, segundo o cal, o 68% das personas consultadas cre que o sentimento de propiedade segue moi arraigado en España, onde un 84% da poboación é propietaria ou copropietaria de, ao menos, unha vivenda.

Segundo este estudo, apréciase unha visión xeneralizada do valor da vivenda como un gran patrimonio e unha boa inversión: catro de cada 10 consultados pensa que un piso é a mellor herdanza que se pode deixar aos fillos e que comprar é moi rendible.

O informe de Fotocasa tamén explora a intención de compra dos españois a curto, medio e longo prazo. Un 7% das persoas que non compraron en 2016 manifesta que quere facelo nos próximos dous anos, un 12% nun prazo de dous a cinco anos e un 34% non descarta tomar esta decisión a longo prazo. Neste contexto, cabe destacar que tres de cada 10 españois que se plantexa a compra nun prazo curto de tempo, ten unha idade media de 43 anos, vive en parella e pertence a unha clase social media ou media alta.

Casangular ten en promoción durante este mes de maio un ático en venda completamente amoblado, en estilo funcional, cómodo e urbano, ideal para parellas novas ou para quen estea pensando en investir na compra de vivenda para poñela en aluguer.
Os mobles que eliximos para este ático, de espazos amplos e luminosos e situado nun 6º piso, son de estilo moderno, práctico e versátil, que resaltan a luminosidade da vivenda e poñen unha nota de cor e viveza ao branco das paredes. Amais, abren numerosas posibilidades decorativas, xa que polo seu deseño combinan moi bien con calquera elemento accesorio de interiorismo que queiras no futuro.
Sofá confortable, sillóns para disfrutar da lectura á luz da fiestra, mesa e sillas de comedor e alfombra para dar calidez ao salón. Cama, cómoda e elementos decorativos para o dormitorio principal. Para o segundo dormitorio, eliximos un amoblamento versátil, que permite usos diferentes da estancia, para dormir, estudar ou traballar, todo animado por unha lámpada de intensa cor amarela que da personalidade á estancia. E na cociña, a última tendencia: pensamos que nada mellor que unha mesa alta e dous taburetes para disfrutar do almorzo ou dun viño mentres preparas a cea.
Son mobles para facer un fogar confortable. Pero se preferes personalizar o amoblamento do teu ático e darlle ese toque personal que buscas, Casangular entrégache un cheque de 2.500 euros, para costear os mobles da túa vivenda. E así, facilitarche as cousas, que nunca está de máis. Esta promoción é válida ata o 31 de maio.

 

Comprar un local en España para poñelo en aluguer ofrece unha alta rendibilidade. De feito, os locais comerciais siguen sendo a mellor inversión inmobiliaria no noso país, segundo un estudo do portal Idealista que relaciona os prezos de venda e aluguer de distintos produtos inmobiliarios para calcular a súa rendibilidade bruta durante o primeiro trimestre deste ano.
Comprar un local en España para alugar ofrece unha rendibilidade bruta do 8,3%, fronte ao 7,7% que ofrecía hai un ano. Tamén se incrementa a rendibilidade que ofrece a inversión en vivendas para destinalas a aluguer, que chegou ao 7,1%.
Neste contexto tan positivo, Casas do Amilladoiro resulta un produto inmobiliario moi atractivo, tanto para persoas interesadas en fixar a súa residencia preto de Santiago, como para inversores, tendo en conta os resultados de rendibilidade rexistrados tanto en locais como vivendas destinados a aluguer.
Casas do Amilladoiro conta con 5 baixos comerciais dispoñibles para venda directa ou en aluguer con opción a compra, ideais para o desenvolvemento dunha actividade profesional, na mellor zona do Milladoiro e a un paso de Compostela.