En Casangular gústannos as casas de portas abertas. Esas casas que se enchen de familia, amigos e colegas con calquera pequena escusa. Da igual ver un partido de baloncesto, a final da Champions ou celebrar que pronto estaremos de vacacións. Basta con que haxa un bo viño galego e ganas de compartir unha conversa.

E iso é o que Casangular vai facer este vindeiro sábado, 9 de abril, celebrar o Encontro Amilladoiro. Imos abrir de par en par as portas de Casas do Amilladoiro para compartir con todos vós unha visita guiada pola obra. Para que vexades in situ que chulos son os azulexos, como luce a carpintería metálica e descubrades todos os detalles de calidade construtiva que dan confort e benestar á vida en casa.

Como empresa galega que somos, queremos rematar a festa cun bo viño galego. Por iso, gustaríanos que nos acompañedes na visita guiada que faremos ás nosas vivendas e ao viño que compartiremos ao rematar con degustación da nosa rica gastronomía.

Todo empezará o sábado ás 11.00 horas nas nosas oficinas de Agro do Medio 7, no Milladoiro. Pero non esquecer comunicar que ides asistir, para que contemos con vós. Tan só hai que avisar no teléfono  689 154 697 ou no mail casasdoamilladoiro@casangular.com.

 

Será un gusto vervos o sábado. Agardámosvos!! 

Comentar