Unha das vantaxes de vivir no Milladoiro é poder beneficiarse dos programas municipais de conciliación, que fan da localidade unha das máis proactivas de Galicia neste eido. En moitas casas, as obrigas laborais dos pais e nais fan moi difícil conciliar o traballo co coidado dos pequenos, especialmente en periodos de vacacións. Por iso, o Concello de Ames pon en marcha un ano máis o programa de conciliación familiar Xuño Lúdico, a través do cal se ofrecen actividades lúdicas e culturais para escolares durante os últimos días de xuño.

Ata o vindeiro 5 de maio está aberto o prazo de inscrición en Xuño Lúdico, un servizo destinado a nenos e nenas de segundo ciclo de infantil e educación primaria que se desenvolverá no Milladoiro do 26 ao 30 de xuño, de 7.30 a 16.00 horas.

Este programa, dirixido a escolares entre 3 e 12 anos, ofrece unha alternativa para ocupar o tempo de lecer dun xeito divertido e educativo durante as vacacións escolares, facilitando a conciliación da vida laboral e familiar.

As persoas interesadas poden pasar pola oficina municipal do Milladoiro para a recollida e entrega da documentación, en horario de 9.00 a 14.00 horas. As follas de inscrición tamén se poden descargar na sección de Avisos da web municipal.
Iniciativas como Xuño Lúdico sitúan a Milladoiro como una das localidades de Galicia máis comprometidas coas medidas de conciliación, facilitando ás familias con fillos menores a atención destes en periodos vacacionais. Ese factor resulta determinante para moitas familias á hora de decidir comprar casa, de feito, mentres que a poboación que rodea Santiago está estancada, a do Milladoiro crece de manera sostida desde o ano 2010, segundo os datos oficiais de evolución demográfica de Galicia.

Comentar