Para calquera de nós, á hora de tomar a decisión de comprar unha vivenda, é determinante coñecer a priori o perfil da xente coa que imos compartir o entorno. En xeral, gústanos ter unha comunidade de veciños tranquila, formada por xente traballadora e fiable. E baixo ese sentir común e xeralizado, os encontros de portas abertas que celebramos o pasado 9 de abril, foron un auténtico éxito dende a perspectiva das relacións sociais. O feito de ter a posibilidade de coñecer ás persoas que xa tiñan comprada vivenda en CasasdoAmilladoiro, e constatar que se trata de xente normal e traballadora, de familias estables, animou a toma de decisión de persoas que xa se interesaran polas nosas casas hai algúns meses. Unha realidade que nos conta nesta entrevista María Blanco, profesional de Foro Consultores que comercializa a nosa promoción de vivendas.

 

 

María, desde a túa experiencia de atender a diario ás persoas que pasan pola oficina, interesadas polas nosas casas, cal foi o efecto dese día de portas abertas?

Foi un efecto moi positivo e inmediato. Porque para aqueles clientes que estaban pensando en comprar, foi moi interesante coñecer aos que xa tiñan comprado. Porque supón poñer cara ás persoas que van ser o futuro vecindario. E a calquera de nós

nos da seguridade e tranquilidade comprobar que se trata de xente fiable, normal, traballadora.

A decisión de adquirir unha vivenda é moi transcendente e valoramos moitos aspectos, non só técnicos da construción, como a calidade dos materiais, a localización ou o prezo; senón tamén outros aspectos sociais, e aí o perfil do vecindario é decisivo.

E o día de portas abertas serviu para que os veciños se coñecesen por primeira vez e ter a oportunidade de iniciar as futuras relacións de quen comparte unha comunidade.

Son uns efectos cualitativos que teñen tamén unha repercusión cuantitativa, verdade?

Neste caso a repercusión é totalmente cuantificable, porque a partir dese evento se concretaron varias vendas de pisos que foron visitados hai uns poucos meses pero que a toma de decisión madurou definitivamente ao coñecer aos novos propietarios no transcurso daquel día. Tanto é así, que neste momento quedan dispoñibles somentes 6 vivendas de tres dormitorios.

Hai outro factor que tamén está a xogar moi favorablemente e é o propio avance da obra. Hai moita xente que pasou polas nosas oficinas en xaneiro e agora maduran a súa decisión, cando ven a progresión dos traballos na obra e se dan conta de que outubro está á volta da esquina e será cando entreguemos as vivendas.

Polos comentarios que escoitas dos clientes, que é o que máis valoran da nosa promoción?

Gustaríame distinguir entre dous planos de valoración. Un nivel que afecta ás características construtivas, e aí valoran especialmente a ubicación, as calidades, a luminosidade das casas e o prezo. E hai outro nivel, diferencial de CasasdoAmilladoiro, que se deriva da nosa filosofía de vender “fogares”. Desde esta perspectiva, os clientes valoran moito poder personalizar en obra, adaptar a casa ao seu gusto e ás súas necesidades, dentro do que tecnicamente é posible e sempre respectando o interese xeral. Por exemplo, é posible personalizar a carpintería interior, adaptar a cociña ou elixir o moble do baño en cor branca, wengé ou cinza.

Pero amais, aprecian moito que nós lles acompañemos durante todo o proceso, desde o primeiro día que entran nas nosas oficinas para preguntar polas vivendas ata despois da entrega das chaves. Quen compra as nosas casas, ten a seguridade de que nós imos seguir aí, non desaparecemos ao entregar a vivenda. Antes de escriturar, van poder ver a súa casa e comprobar a idoneidade da construción. E saben que traballamos a conciencia para que non xurdan problemas, pero, de producirse, imos seguir aí para tratar de resolvelos coa maior eficacia.

Comentar