Chegou o momento dos detalles. Detalles da construción que determinan e definen a calidade das nosas vivendas.
Harmonía de materiais. Calidades. Cores. Luminosidade. Esa é a impresión que nos transmiten as imaxes da obra segundo van avanzando. Agora, xa na fase final, apreciamos de cheo a atmosfera e os detalles.
Atmosfera e calidez. Estancias luminosas e confortables, para sentir o pracer de ocupar un espazo que, por primeira vez, se convertirá nun fogar. Materiais e instalacións de primeira calidade. Alta eficiencia, con paneis solares como unha das fontes de subministro de enerxía e luminarias led para un baixo consumo enerxético e redución da contaminación.
E detalles. Numerosos detalles. A porta de entrada blindada, con chapas de cinc, pechadura de seguridade de tres puntos e bisagras antipalanca, panelada en madeira de carballo. A tarima flotante tamén de carballo. As portas interiores lisas, de carballo. Os armarios empotrados, de portas lisas, con forrado interior, caixóns, baldas e colgador, con gran capacidade de organización e almacenamento.
O mobiliario moderno e funcional das cociñas, equipadas con todos os electrodomésticos. As plaquetas de gres de primeira calidade. Os distribuidores de planta, elegantes, con luminarias led, máis ecolóxicas e sostibles.
E prestacións extras, como o local social, unha forma práctica e cómoda de completar a superficie dispoñible en cada vivenda cun espazo de expansión para certas ocasións especiais.
Todo está case, case a punto. A piques de rematar a construción de CasasdoAmilladoiro. Casas vividas.