Definitivamente, as boas novas do sector voltaron ocupar titulares esta fin de semana, coincidindo coa celebración do SIMA Otoño, que tivo lugar en Madrid do 21 ao 23 de outubro. A recuperación da actividade construtora reflectíuse nun incremento de case o 60% na oferta exposta neste salón inmobiliario, da que o 70% estaba á venda “sobre plano”. Pero asemade destaca o interese comprador dos visitantes, que aumentaron un 9% respecto ao pasado ano e que nesta edición se decantaron, sobre todo, pola formación de novos fogares (a tipoloxía estrela da feira foi a casa de dous habitacións) e, en menor medida, pola reposición da súa vivenda actual por unha máis ampla (catro habitacións), segundo informa a organización do salón inmobiliario.

“Moita xente”. Esa é a primeira valoración na que coinciden os profesionais. A maior afluencia de visitantes non pasou desapercibida para ninguén. Algúns dos expositores presentes en SIMA destacan o interese de pequenos inversores que buscan unha vivenda co obxectivo de alugala inmediatamente e que supuxo aproximadamente o 10% das consultas. O resto, un 70% de persoas que buscan unha segunda residencia e un 20% que a quere para vivir de manera permanente.

Outro segundo factor relevante nesta edición de SIMA Otoño foi a demanda derivada da formación de novos fogares, a motivación case exclusiva dos potenciais compradores entre 25 e 35 anos, que voltou con forza á feira. Aínda que os visitantes desas idades foron desde siempre os máis numerosos na feira, a súa porcentaxe baixara nos últimos anos desde o 65% en 2009 ata o 41% o pasado ano. A falta de resultados oficiais que o confirmen, todo parece indicar que esa tendencia cambiou nesta edición de SIMA Otoño, ata o punto de que se pode afirmar que a feira rexuveneceu, ante a numerosísima presenza de parellas novas que buscan a súa primeira vivenda, preferentemente obra nova.

A demanda inmobiliaria crece, a oferta sigue restrinxida, hai interese de moitos inversores e hai máis financiación e máis barata, segundo se puxo de manifesto no Congreso Nacional de Promotores Inmobiliarios, celebrado en Madrid os días 5 e 6 de outubro.

O obxectivo do encontro, convocado baixo o título Da recuperación á innovación, era visibilizar que o sector promotor de vivendas evolucionou e está disposto a enfrontar o novo ciclo económico reconvertido nunha industria moderna, eficiente, sostible e responsable.

Durante dúas xornadas abordaronse cuestións como os factores que van marcar o novo ciclo económico en España e como van influir no mercado da vivenda, así como outros aspectos directamente relacionados co cambio e a innovación na propia industria inmobiliaria, desde a organización empresarial ata o proceso construtivo.

Tamén se analizaron algúns dos desafíos que se deben superar para conseguir normalizar a actividade. Entre estes retos, o que máis preocupa é o de facilitar o primeiro acceso á vivenda a quen desexe formar un fogar. "Non se está tratando de xeito suficiente a necesidade de crear un parque de vivendas axeitado para a demanda máis nova", recoñecía o presidente da Asociación de Promotores Constructores de España, Gómez-Pintado, no seu discurso inaugural.

O presidente dos promotores recoñeceu tamén que a industria inmobiliaria necesita da colaboración da Administración Pública para impulsar un sector máis accesible e sostible que permita consolidar a recuperación. Reclamou maior axilidade na concesión de licenzas e menor carga fiscal ao proceso produtivo e comercial das vivendas, lamentando que os impostos supoñan ata o 25% do prezo dunha casa.

Ignacio de la Torre, socio de Arcano Group, resumíu a bonanza do contexto con estas verbas: "a demanda crece, a oferta sigue restrinxida, hai interese de moitos inversores, hai máis xente traballando, máis financiación e máis barata e menos stock".

Foron dous días de congreso, ao que asistiron máis de 500 profesionais, no que a mensaxe subiacente foi que "o sector vive un momento doce".

 


O xornal dixital Lindeiros, que a diario se fai eco da actualidade dos concellos da bisbarra de Compostela, publica hoxe información das nosas Casas do Amilladoiro, agora que a entrega das vivendas é inminente.

http://lindeiros.gal/casas-amilladoiro-obra-nova-no-milladoiro-ames/

Agora que Casangular está a piques de entregar as vivendas de Casas do Amilladoiro, das que xa está vendido o 75%, vai desenvolver durante este mes de outubro un proceso de revisión individualizado de cada unha das casas, unha vez rematadas as obras, no que participarán responsables da empresa promotora e os compradores de cada casa. O obxectivo destas visitas é que os compradores teñan a oportunidade de supervisar todas as estancias e equipamentos e comprobar que están en perfecto estado.


Deste xeito, Casangular quere garantir a entrega de cada vivenda a cada propietario en condicións óptimas, antes de proceder a escriturala, e evitar as molestias que poderían derivarse dalgunha posible incidencia que agora pasase inadvertida.


Esta iniciativa está enmarcada na estratexia de calidade e atención ao cliente de Casangular, que acredita así o seu compromiso co traballo ben feito e coa súa filosofía de construír vivendas a conciencia, coa profesionalidade que a obra require en cada unha das súas fases.
O obxectivo da promotora é velar pola calidade da edificación, un criterio que ten estado presente dende o inicio das obras e que quere estar presente tamén nesta fase final, facilitando aos compradores este chequeo de control, antes do trámite da entrega da súa vivenda.


Un valor diferencial de Casangular.

Chegou o momento dos detalles. Detalles da construción que determinan e definen a calidade das nosas vivendas.

Harmonía de materiais. Calidades. Cores. Luminosidade. Esa é a impresión que nos transmiten as imaxes da obra segundo van avanzando. Agora, xa na fase final, apreciamos de cheo a atmosfera e os detalles.

Atmosfera e calidez. Estancias luminosas e confortables, para sentir o pracer de ocupar un espazo que, por primeira vez, se convertirá nun fogar. Materiais e instalacións de primeira calidade. Alta eficiencia, con paneis solares como unha das fontes de subministro de enerxía e luminarias led para un baixo consumo enerxético e redución da contaminación.

E detalles. Numerosos detalles. A porta de entrada blindada, con chapas de cinc, pechadura de seguridade de tres puntos e bisagras antipalanca, panelada en madeira de carballo. A tarima flotante tamén de carballo. As portas interiores lisas, de carballo. Os armarios empotrados, de portas lisas, con forrado interior, caixóns, baldas e colgador, con gran capacidade de organización e almacenamento.

O mobiliario moderno e funcional das cociñas, equipadas con todos os electrodomésticos. As plaquetas de gres de primeira calidade. Os distribuidores de planta, elegantes, con luminarias led, máis ecolóxicas e sostibles.

E prestacións extras, como o local social, unha forma práctica e cómoda de completar a superficie dispoñible en cada vivenda cun espazo de expansión para certas ocasións especiais.

Todo está case, case a punto. A piques de rematar a construción de CasasdoAmilladoiro. Casas vividas.