Unha mesa ben decorada é un disfrute para os sentidos. Agora que o culto pola gastronomía está en alza, é o momento de pensar tamén na importancia da vaixela axeitada para acompañar os alimentos elaborados e disfrutar a tope dese estilo de vida saudable, marcado pola calidade na mesa.

Temos que saber elixir as pezas para cada ocasión, para conseguir unha mesa diferente, elegante e con estilo. Para asegurarnos o equilibrio estético de formas e de cor, hai que ter en conta tres elementos: os alimentos que se van servir, a vaixela -forma, cor, tamaño e material- e os manteis, que deberán ser de tecidos e cores que harmonicen e cedan o protagonismo aos deseños das pezas da vaixela. O resultado ha de ser un combinado xogo de cores, texturas e formas que sexa á vez espectacular e sobrio.

Numerosas firmas de artesanía de Galicia deseñan pezas de mesa, algunhas tan tradicionais como Sargadelos, que iniciou a súa produción a principios do século XIX. Pero hoxe imos descubrir as obras doutra das grandes firmas da cerámica galega, Regal, localizada en Viveiro (Lugo), que crea pezas de mesa singulares, chamativas e de deseño vangardista.

As creacións do ceramista Otero Regal están inspiradas nas culturas mediterráneas, no románico, pero tamén na arte africana e australiana, cunha simplificación de volumes e decoracións baseadas nun concepto pictórico que sintetiza as vangardas do século XX, con marcadas influencias de artistas como Picasso.

En Regal Cerámica realizan a decoración das pezas con pincel para definir a forma utilizando óxido de cobalto e pinceis de caligrafía xaponesa. As súas creacións poden atoparse en tendas especializadas e galerías de toda España, parte de Europa, América e Asia.www.oteroregal.com

Agora que a promoción inmobiliaria volta remontar, son cada vez máis os compradores que se decantan por adquirir unha vivenda de nova construción, fronte ás opcións que supón o mercado de segunda man.

A obra nova ofrece vivendas máis atractivas e con unhas características adaptadas aos novos gustos e ás novas tendencias. Os factores de vantaxe da nova construción son numerosos e poden resumirse baixo os criterios de calidade, prestacións extras e eficiencia enerxética.

Unha das maiores fortalezas dos novos edificios residenciais é a evolución cara á alta eficiencia, cun baixo consumo enerxético e redución da contaminación. Esta realidade tradúcese nun gran aforro económico en enerxía, que pode chegar ata o 80% con respecto a outra vivenda de similares características e nunha mesma zona. Entre outros recursos, as nosas vivendas utilizan paneis solares como una das fontes de subministro de enerxía, cos beneficios do aforro e da sostenibilidade medioambiental.

Outra das características distintivas das vivendas a estrear é a calidade. Os materiais e as instalacións incorporan nestas novas construcións os últimos avances do sector, polo que nos aseguramos que o inmoble non vai precisar actuacións de conservación durante moitos anos.

E ademáis, os pisos novos ofrecen prestacións extras, como o caso do local social da nosa promoción, para celebrar festas ou cumpreanos. Este é unha forma moi práctica e cómoda de completar a superficie dispoñible  na nosa vivenda, cun espazo de expansión para certas ocasións.

Eficiencia enerxética, calidade e prestacións extra, tres factores distintivos da nosa promoción. E xunto a eles, destaca tamén o factor psicolóxico de ocupar un espazo que, por primeira vez, se convertirá nun fogar.

Para calquera de nós, á hora de tomar a decisión de comprar unha vivenda, é determinante coñecer a priori o perfil da xente coa que imos compartir o entorno. En xeral, gústanos ter unha comunidade de veciños tranquila, formada por xente traballadora e fiable. E baixo ese sentir común e xeralizado, os encontros de portas abertas que celebramos o pasado 9 de abril, foron un auténtico éxito dende a perspectiva das relacións sociais. O feito de ter a posibilidade de coñecer ás persoas que xa tiñan comprada vivenda en CasasdoAmilladoiro, e constatar que se trata de xente normal e traballadora, de familias estables, animou a toma de decisión de persoas que xa se interesaran polas nosas casas hai algúns meses. Unha realidade que nos conta nesta entrevista María Blanco, profesional de Foro Consultores que comercializa a nosa promoción de vivendas.

 

 

María, desde a túa experiencia de atender a diario ás persoas que pasan pola oficina, interesadas polas nosas casas, cal foi o efecto dese día de portas abertas?

Foi un efecto moi positivo e inmediato. Porque para aqueles clientes que estaban pensando en comprar, foi moi interesante coñecer aos que xa tiñan comprado. Porque supón poñer cara ás persoas que van ser o futuro vecindario. E a calquera de nós

nos da seguridade e tranquilidade comprobar que se trata de xente fiable, normal, traballadora.

A decisión de adquirir unha vivenda é moi transcendente e valoramos moitos aspectos, non só técnicos da construción, como a calidade dos materiais, a localización ou o prezo; senón tamén outros aspectos sociais, e aí o perfil do vecindario é decisivo.

E o día de portas abertas serviu para que os veciños se coñecesen por primeira vez e ter a oportunidade de iniciar as futuras relacións de quen comparte unha comunidade.

Son uns efectos cualitativos que teñen tamén unha repercusión cuantitativa, verdade?

Neste caso a repercusión é totalmente cuantificable, porque a partir dese evento se concretaron varias vendas de pisos que foron visitados hai uns poucos meses pero que a toma de decisión madurou definitivamente ao coñecer aos novos propietarios no transcurso daquel día. Tanto é así, que neste momento quedan dispoñibles somentes 6 vivendas de tres dormitorios.

Hai outro factor que tamén está a xogar moi favorablemente e é o propio avance da obra. Hai moita xente que pasou polas nosas oficinas en xaneiro e agora maduran a súa decisión, cando ven a progresión dos traballos na obra e se dan conta de que outubro está á volta da esquina e será cando entreguemos as vivendas.

Polos comentarios que escoitas dos clientes, que é o que máis valoran da nosa promoción?

Gustaríame distinguir entre dous planos de valoración. Un nivel que afecta ás características construtivas, e aí valoran especialmente a ubicación, as calidades, a luminosidade das casas e o prezo. E hai outro nivel, diferencial de CasasdoAmilladoiro, que se deriva da nosa filosofía de vender “fogares”. Desde esta perspectiva, os clientes valoran moito poder personalizar en obra, adaptar a casa ao seu gusto e ás súas necesidades, dentro do que tecnicamente é posible e sempre respectando o interese xeral. Por exemplo, é posible personalizar a carpintería interior, adaptar a cociña ou elixir o moble do baño en cor branca, wengé ou cinza.

Pero amais, aprecian moito que nós lles acompañemos durante todo o proceso, desde o primeiro día que entran nas nosas oficinas para preguntar polas vivendas ata despois da entrega das chaves. Quen compra as nosas casas, ten a seguridade de que nós imos seguir aí, non desaparecemos ao entregar a vivenda. Antes de escriturar, van poder ver a súa casa e comprobar a idoneidade da construción. E saben que traballamos a conciencia para que non xurdan problemas, pero, de producirse, imos seguir aí para tratar de resolvelos coa maior eficacia.

Agora que as vacacións escolares de verán están cada vez máis preto, moitas familias empezan a planificar a mellor forma de disfrutar dese tempo de descanso. E para facilitar a conciliación e asegurar o entretemento da rapazada mentres pais e nais atenden as súas ocupacións profesionais, xa está preparado o  programa de Campamentos de Verán 2016 do Concello de Ames, cunha ampla oferta de actividades e localizacións.

Este ano pódense elixir destinos como as granxas escola Fervenzas do Toxa en Silleda, Barreiros en Sarria ou Kirico en Fornelos de Montes. Ou campamentos como o Galipark Multiaventura en Extramundi; o DiverLanhoso, preto de Braga, Portugal; e outros no parque natural do Xurés, nas Fragas do Eume ou no Grove. Unha oportunidade para practicar hípica, escalada ou kaiak; e aprender cociña, teares ou astronomía.

Esta vez a convocatoria ten varias novidades. A primeira é que se amplía o alumnado ao que se dirixe este programa, de xeito que os rapaces e rapazas que cursan estudos de bacharelato tamén poderán participar nas actividades ofertadas. E asemade amplíase o calendario de campamento cunha quenda para o mes de setembro, que estará dirixida ao alumnado de primaria e de secundaria, unha nova alternativa para que os pais e nais poidan conciliar durante setembro mentres non comeza o curso escolar.

O abano de actividades é ben interesante e as prazas ofertadas son  545. O prazo para prescribirse estará aberto do 21 de abril ata o 2 de maio.

 

Máis información:

http://www.concellodeames.gal/nova.php?noticia=13973&idioma=es&sec=32

Queremos agradecer ás decenas de persoas que o pasado sábado participaron no Encontros Amilladoiro, facendo coa súa presenza un gran éxito desta iniciativa de portas abertas, convocada por Casangular para dar a oportunidade de coñecer polo miúdo como vai a construción das novas casas. 

Unha parte das persoas que asistiron xa tiñan tomada a decisión de adquirir a súa vivenda, polo que a visita guiada foi unha excelente ocasión para comprobar materiais, espazos, instalacións, ascensores, carpintería, acristalamento… Moitas eran parellas novas, que durante a visita ás obras empezaron a pensar ilusionadas como van decorar o seu futuro fogar, a medir espazos, a imaxinar onde irá cada peza, cada moble… A pensar no sofá, nas cortinas, na tele…

Pero a maioría de asistentes era un grupo amplo de persoas que se atopan no proceso de busca para adquisición de vivenda e acudiron interesadas polas características desta promoción inmobiliaria que “é un proxecto de gran atractivo, dirixido especialmente a esas persoas que compran unha casa para vivir confortablemente nela, porque estas casas están pensadas para vivir”, segundo explicou durante a sesión Luis Conde, responsable comercial de Casangular. 


 

Despois da visita ás obras, a cita rematou compartindo un viño galego, ofrecido por Casangular nas súas oficinas en Agro do Medio. Un viño que servíu para empezar a entablar a futura relación de vecindade de parellas e familias que a partir de outubro inician a súa vida nas CasasdoAmilladoiro.